top of page

Xustificación:

 

Escollemos o tema do uso da televisión escolar na educación, o cal se corresponde co proxecto número 3, porque cremos que é un instrumento que, utilizándoo creativamente e de maneira pedagóxica-didáctica no contexto educativo, pode resultar moi útil e ameno para o aprendizaxe dos cativos/as. Pretendemos entrar en contacto co valor educativo da televisión e cos procesos de codificación do linguaxe que utiliza, como medio para desenvolver unha capacidade crítica ante as mensaxes televisivas, analizar diferentes programas descubrindo as súas posibilidades en educación e reflexionar sobre a necesidade dunha educación para os medios de comunicación na Educación Primaria. Ademais, é un recurso que está ao alcance de todos, xa que hoxe en día hai polo menos unha televisión en tódalas casas. Outra razón pola que escollemos esta temática é que vemos que a televisión forma parte da vida diaria dos nenos e nenas. De feito, hai estudos que afirman que os cativos e cativas españois miran a televisión entre 3,5 e 4,5 horas diarias nos días lectivos, e que nos días non lectivos a cifra elévase a 4,5 e incluso 5 horas. Polo tanto, o total de horas ao ano que un cativo ou cativa ve a televisión ascende a 1645 horas, mentres que as horas que pasan na escola son 900. Ademais desta elevadísima cifra de horas que ven televisión atopámonos co inconvinte de que moitas destas horas son sen filtro. En moitas ocasións os discentes ven programas non adecuados, polo que pode resultar un medio de comunicación perigoso. Pero tamén aporta moitos elementos positivos: a televisión é un elemento fundamental na formación das persoas, por iso a debemos ter en conta.

 

Na actualidade a televisión é utilizada como recurso educativo por moi poucas persoas, polo que podemos dicir que está infrautilizada. Polo tanto, o noso obxectivo é modificar os usos que se lle dan á televisión, conseguindo que a televisión sexa vista como obxecto de estudio, como recurso didáctico e como medio de expresión nos centros educativos. Este recurso pódese levar a cabo xa que no currículo de Educación Primaria, aparece recollido como un recurso didáctico na área de coñecemento do medio natural, social e cultural, máis especificamnte no bloque 6, denominado “Máquinas, aparellos e tecnoloxías”.

 

bottom of page