top of page

Un mal uso da televisión pode carrear moitos efectos negativos, pero se o uso desta faise correctamente pode ser moi beneficioso para o desenrolo e aprendizaxe, por isto está nas nosas mans ensinarvos a utilizar a televisión de maneira axeitada e sacarlle o máximo partido.

 

Neste curso imos realizar diversas actividades co obxectivo de integrar a televisión na aula e na aprendizaxe, conseguindo que sexa vista como obxecto de estudo, como recurso didáctico e como medio de expresión. Animádevos a votarlles unha ollada as actividades que imos realizar nos subapartados do botón de “Actividades” e non esquezades visitar e participar no blog da clase onde tamén colgaremos noticias interesantes e tareas.

bottom of page