top of page

 

Contidos:

 

1. Utilización de diversas fontes de información (libros, documentos, información oral, medios de comunicación, TIC) para a obtención, selección e contraste de información sobre aspectos da realidade local, municipal e galega e comunicación dela a través de diferentes soportes (visuais, auditivos, dixitais, escritos,...) elaborados individual ou colectivamente, valorando o seu contido e a súa presentación.

 

2. Identificación das relacións interpersoais presentes nun grupo ou unha comunidade (veciñanza, compañeirismo), e valoración da cooperación e do diálogo como forma de construír plans comúns e de evitar e resolver conflitos. Recoñecemento dos dereitos e deberes das persoas. Responsabilidade ante a elaboración e o cumprimento das normas de convivencia.

 

3. Utilización de unidades de medida temporal (década, século) e aplicación das nocións de sucesión, ordenación e simultaneidade na análise da evolución dalgún aspecto da vida cotiá ao longo do tempo (vivenda, transporte, vestiario, alimentación, xogos infantís, festas), diferenciando o tempo biolóxico do tempo histórico.

bottom of page