top of page

Actividade 1: Día das “Letras Galegas”

 

Para coñecer un día tan característico como é o día das “Letras Galegas" realizaremos unha serie de traballos. Formaremos grupos, e cada un dos grupos tedes que mirar as noticias na televisión do canal autonómico (TVG), para resolver unha serie de cuestións que vos colgarei no blog axudados tamén de documentais que veremos na clase. Unha vez que temos a información, cada un dos grupos debedes presentaralle aos demais compañeiros a vosa investigación a través dun power point, mural ou calquera outro tipo de exposićión que eu gravarei e subirei despois ó blog. Por último votaredes a presentación que máis vos guste e a gañadora será proxectada no centro o día da festividade.

Actividade 2: Provincias de Galicia

 

Para aprender as provincias de Galicia e a súa capital, formaremos grupos de 5 persoas e a cada grupo tocaralle un lugar que terá que investigar e cubrir as seguintes preguntas:

 

- Localización.

- Historia.

- Construcións importantes (é importante marcar o estilo: románico, gótico...).

- Lugares e actividades de interese.

- O que máis me gustou desa cidade.

 

Isto terédesmo que entregar e eu votareille un ollo. Logo devolveréivolo.

Finalmente gravarei grupo por grupo e faremos como un documental no que explicaredes o que aprendestes e o que está nas preguntas que antes respondestes. Os vídeos pasarémosllos a todos os demais de clase para que eles tamén aprendan os lugares que non lle tocaron traballar.

Actividade 3: Europa

 

Para realizar esta tarefa deberedes organizarvos por parellas. Escolleredes un país de entre todos os de Europa. O fin de semana, cada un de vós teredes que mirar o telexornal buscando noticias do país que escollestes. Despois deberedes buscar máis información sobre a súa cultura (gastronomía, costumes, festividades...).

 

Por último, deberedes realizar un Power Point no que introduzades a información que vos considerades máis relevante do país escollido.

 

A continuación deixámosvos material complementario á actividade, para aumentar o voso coñecemento sobre a situación xeográfica dos países de Europa. Resultan moi divertidos!

 

 

Actividade 4: Gastronomía galega

 

Esta actividade será individual. Cada un de vos deberá escoller unha receita típica de Galicia que despois elaboraredes no voso fogar, con axuda dalgún familiar.

Será necesaria unha cámara de vídeo, en caso de que non a teñades nós deixarémosvos unha.

Deberedes elixir a receita e gravarvos mentres a elaborades. Mentres cociñades debedes explicar os ingredientes que compoñen o prato ou o postre, a súa duración, e tamén o porqué o fan na vosa familia, ou cando comezaron a cociñalo.O vídeo gravado deberá parecer un programa de televisión de receitas.

Para saber un pouco máis de como é un programa televisivo de receitas podedes mirar o programa “Larpeiros” que se emite na TVG.

A continuación deixámosvos algunhas ideas de pratos e postres típicos de Galicia onde podedes ver exemplos por se non se vos ocorre ningún:

 

Material de axuda:

http://es.wikipedia.org/wiki/Gastronom%C3%ADa_de_Galicia

http://www.turismoenxebre.com/2011/01/platostipicos-de-galicia-ii.html

http://www.donpostre.com/category/postrestipicos-de-galicia/

Actividade 5: Vocabulario galego

 

Para adquirir máis vocabulario en galego, teredes que ver, polo menos unha vez á semana o programa de TVG “Cifras e letras” (que se emite por esa canle tódolos días as 16:00 horas ata as 16:30 horas).

Cada venres, teredes que traer apuntadas as palabras que saíron no programa que vistes e na clase de Lingua Galega e Literatura as comentaremos e traballaremos.

Este traballo teredes que facelo semana tras semana ata que remate o curso.

Actividade 6: Árbores galegas

 

Esta actividade serviranos para coñecer os diversos tipos de árbores características de Galicia. Para levala a cabo realizaremos diversas actividades.

Comezaremos formando grupos de 3 persoas para buscar información nos fogares facendo entrevistas aos pais, avós... sobre como se leva a cabo a plantación dunha árbore fructífera. Unha vez que xa temos toda a información, realizaredes a gravación da plantación da árbore que desexedes e a editaredes co Movie Maker para explicarlles ós demáis compañeiros como fixestes a plantación dela.

Actividade 7: Reciclaxe

 

Esta actividade serviranos para valorar a importancia da reciclaxe para coidar o medio ambiente.

Para levala a cabo comenzaremos buscando información en documentais emitidos na tele sobre o coidado do medio ambiente. Despois, realizaremos na clase unha reciclaxe de papel, e unha vez feita, debedes crear un video co Movie Maker no que explicaredes os pasos.

Por último, cada un de vós enviarame un word ó meu correo electrónico onde apareza a información recollida, ademais de realizar unha autograbación persoal coa webcam (que subirei ao blog) contando a vosa experiencia.

Actividade 8: Dereitos e deberes dos nenos e nenas

 

Esta actividade terá como fín que coñezades os vosos dereitos e deberes.

Para comezar veremos na aula un DVD na televisión onde se explican varios destes dereitos e deberes. Despois seguiredes buscando información a través de enlaces que eu vos proporcionarei no blog.

Finalmente agruparédesvos en grupos e elixiredes 5 dereitos e 5 deberes que explicaredes a través dun video dramatizado realizado co Movie Maker e unha cámara de video. Para complementar o video tamén debedes realizar un mural, que teredes que subir unha foto del o blog.

Actividade 9: Ecosistemas e hábitats galegos

 

Esta actividade serviravos para coñecer os animais do noso entorno e en xeral.

Para comenzar fareivos diversas cuestións sobre o tema e así comprobarei os vosos coñecementos previos. Despois debedes dividirvos en grupos, elixir un dia da semana, visualizar ese dia un documental na tve2 e recopilar información sobre o animal que aparece no documental.

Para continuar, cada grupo investigará sobre o tipo de habitat e ecosistema do animal mostrado no documental e creará un vídeo no Movie Maker onde tedes que transmitir a información recopilada. Será visualizado na aula a través da televisión e deberase subir ó blog.

Unha vez rematada esta activdade realizarase a última parte na aula. Eu levarei imaxes e videos de seres vivos do noso territorio galego para que poidades coñecer os tipos de habitats e ecosistemas próximos; e logo, faredes un exercicio na pizarra dixital.

 

 

bottom of page