top of page

O profesorado deberá ter en conta as seguintes pautas para avaliar as actividades realizadas polo alumnado:

 

Actividade 1: Día das "Letras Galegas"

A avaliación farase na aula de informática a través dun cuestionario sobre preguntas relacionadas coa recollida de información que os grupos fixeron e ademais sumarase un punto ó grupo máis votado pola clase.

 

Actividade 2: Provinvias de Galicia

Avaliarase o traballo en si, segundo como estén contestadas as preguntas nas que se tiñan que basar. Realizarase unha pequena proba en grupo con estas mesmas preguntas.

 

Actividade 3: Europa

Criterios que se terán en conta:

-Cantidade de información atopada.

-Análise da información para sacar o máis relevante

.-Orde na presentación Power Point.

-Claridade na explicación oral.

 

A nota será a mesma para todos os integrantes de cada grupo. 

 

Actividade 4: Gastronomía Galega

A avaliación farase de modo individual, tendo en conta os seguintes criterios:

- A explicación da receita no vídeo feita polo alumno/a.

- Os termos utilizados para elaborar o prato.

- A axuda aportada para facer o prato

- A calidade do vídeo gravado.

- O maior ou menor grao de semellanza cos programas de receitas como  "Larpeiros".

 

Actividade 5: Vocabulario en Galego.

Avaliarase a participación na clase e o traballo feito durante cada semana.

 

Actividade 6: Árbores Galegas

Terase en conta:

- A capacidade de organización e distribución.

- O manexo coas novas tecnoloxías.

- A calidade do video da plantación e do cultivo da árbore.

- O contido da entrevista.

 

Actividade 7: Reciclaxe

Avaliarase a capacidade crítica de cada neno sobre a reciclaxe.

 

Actividade 8: Dereitos e deberes

Para realizar a avaliación teranse en conta os seguintes criterios:

- Vocabulario e expresión empregados no Movie Maker.

- Presentación do mural

 

Actividade 9: Ecosistemas e Habitats Galegos

Para realizar a avaliación teranse en conta os seguintes criterios:

- As expresións utilizadas e a trasmisión da información a través do documental.

- A montaxe do documental (imaxinación, imáxes, videos e información utilizada)

 

 

bottom of page