top of page

Obxectivos:

 

  • Obxectivo xeral 1: Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe.

 

- Obxectivos didácticos:

 

1. Iniciarse na utilización, para a aprendizaxe, das tecnoloxías da información e da comunicación desenvolvendo un espírito crítico ante as mensaxes que recibe e elabora.

 

2. Coñecer, valorar e gozar do contorno natural, social e cultural, as interaccións entre eles, así como as posibilidades de defensa, mellora e conservación del.

 

3. Coñecer e apreciar os valores e as normas da convivencia, aprender a actuar de acordo con elas, prepararse para o exercicio activo da cidadanía e respectar os dereitos humanos, así como o pluralismo propio dunha sociedade democrática.

 

  • Obxectivo xeral 2: Iniciarse na utilización, para a aprendizaxe, das tecnoloxías da información e da comunicación, desenvolvendo un espírito crítico ante as mensaxes que recibe e elabora.

 

- Obxectivos didácticos:

 

1. Utilizar estratexias persoais e variadas para obter, seleccionar, organizar, transformar, representar e comunicar a información.

 

  • Obxectivo xeral 3: Utilizar diferentes representacións e expresións artísticas e iniciarse na construción de propostas visuais.

 

- Obxectivos didácticos:

 

1. Participar activamente en producións artísticas de forma cooperativa, asumindo distintas funcións e colaborando na resolución dos problemas que se presenten para conseguir un produto final o máis satisfactorio posible.

 

2. Indagar nas posibilidades do son, da imaxe e do movemento como elementos de representación e de comunicación e utilizalas para expresar ideas e sentimentos, contribuíndo con iso ao equilibrio afectivo e á relación coas demais persoas.

bottom of page