top of page

Contextualización:

 

O centro de referencia é o CEIP ROSALÍA DE CASTRO, no curso 3ºA de educación primaria. O noso colexio está situado nunha parroquia do concello da Estrada, coñecida como Santa Mariña de Ribeira (a 8 km. do casco urbano), a cal limita coas parroquias de Berres, Moreira, Barbude e Paradela. A nosa aula consta de 25 alumnos, dos cales un é xordo mudo. Para levar a cabo unha boa adaptación do neno con necesidades especiais no centro tal e como nos di o Título II do capítulo I do artigo 71 da LOE, as Administracións educativas disporán dos medios necesarios para que todo o alumnado alcance o máximo desenrolo persoal, intelectual, social e emocional, así como os obxectivos establecidos con carácter xeral da presente Lei. Para que isto sexa posible, como ben indica o artigo 72 do Capítulo I do Título II da LOE, as Administracións educativas disporán do profesorado das especialidades correspondentes e de profesionais cualificados, así como dos medios e materiais precisos para a adecuada atención deste alumno. Tamén se refire a isto o Título II do capítulo I da LOMCE, onde se modifica o artigo 71 da LOE, engadindo que as Administracións educativas poderán establecer plans de centros prioritarios para apoiar, sobre todo, aos centros que escolaricen a alumnado que está en situación de desvantaxe social. A televisión como recurso garda relación coa área de coñecemento do medio natural, social e cultural. Debemos destacar os bloques 3, 5 e 6; os cales se corresponden coa vida en sociedade, o paso do tempo e as máquinas, aparellos e tecnoloxías.

bottom of page